
Usted está en: VJ/1-O liberalismo nos seus contextos. Un estado da cuestión.
VJ/1-O liberalismo nos seus contextos. Un estado da cuestión.
| Barreiro Fernández, Xosé Ramón |
15,00 €
|
|
| Regalar este libro | ||
|
211 pp.- 24,0x17,0.- 2008.
9788497509190 - Este libro recolle no substancial as conferencias desenvolvidas a remates do ano 2006 dentro do Simposio Internacional O liberalismo nos seus contextos: un estado da cuestión, celebrado entre as cidades de Santiago de Compostela e A Coruña. Dentro das actividades da Cátedra Juana de Vega, integrada no Departamento de Historia Contemporánea e de América da Universidade de Santiago de Compostela, e grazas ao pulo e ao financiamento da Fundación Juana de Vega, diferentes especialistas deron conta da realidade multifacética e poliédrica que conforma o liberalismo decimonónico español ou, por mello dicir, os diferentes liberalismos hispánicos. O obxectivo non foi outro ca realizar unha posta ao día da investigación dun tema que, por fortuna, vén sendo obxecto de múltiples estudos e reflexións, e que, sen esquecer o peso e o valor de pescudas xa clásicas, está a incorporar novas ferramentas teóricas e conceptuais dende as que pensar e analizar os moi diferentes contextos nos que a pegada do pensamento e a praxe liberais se fixeron notar. Deste xeito, o lector atopará nestas páxinas unha panorámica de especial incidencia na vertente política do fenómeno liberal, pero completada e complementada con estudos realizados dende unha perspectiva biográfica e prosopográfica, que valoran o papel trascendental xogado polo exército, inclúen o protagonismo de primeira liña representado pola prensa escrita e, en fin, tampouco esquecen o contramodelo que no seu intre, e por moitos anos, supuxo o carlismo. Ademais, a ampla perspecriva espacial da obra dá conta da realidade ultramariña do liberalismo, incluíndo unha moi necesaria presentación do seu impacto nas terras da outra beira do Atlántico. |
||


Lotería de Navidad: El Gordo en la literatura.
Desde Valle-Inclán a Borges, pasando por Julio Verne o Emilia Pardo Bazán, la lotería ha sido objeto de diferentes narraciones, muchas de ellas de nefasto final.04/02/2019
Muere el escritor Juan Goytisolo a los 86 años en Marrakech.
El narrador barcelonés obtuvo en 2014 el Premio Cervantes Fue autor de novelas como "Señas de identidad", "Juan sin tierra" o "Makbara".04/06/2017
El erotismo secreto de la URSS.
La Biblioteca Lenin desvela una colección de literatura erótica que incluye grabados zoofílicos.10/07/2014
José García Nieto y el misterio de la poesía en seis inéditos.
En el centenario del nacimiento del poeta y premio Cervantes, se publica una antología de su obra con prosas poéticas (el enigma de la literatura) y una carta dirigida a su nieta sobre la esperanza.08/07/2014
Libros inexistentes, por Enrique Vila-Matas (EL PAÍS Cultura. 01-07-2014).
En un solo volumen "La Bibliothèque" te da tan apabullante información sobre diversas obras falsas.01/07/2014
© 2010 Lamardelibros.com Todos los derechos reservados
Avda. Valentín Masip, 24 - Entresuelo Oficina B · 33013 Oviedo (Asturias) - España · Tfno: 676429694 - 633601889 · info@lamardelibros.com